A ESMORGA no Programa CLAC da TVG
A ESMORGA foi o primeiro filme emitido dentro do programa CLAC da TVG, o novo espazo de cinema da canle pública. Ademais da emisión do filme, celebrouse un coloquio arredor deste co seu director, Ignacio Vilar, unha das protagonistas, Sabela Arán, e o crítico de cine Eduardo Galán, coloquio conducido por Tania Fernández Lombao, directora e presentadora do espazo de cine.
Deixámosvos a ligazón a este interesante coloquio. Que o disfrutedes.