wordpress-seo
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114polylang
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114Loading...
Baseada na obra de Eduardo Blanco Amor.
Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando as portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.
Segunda en recadación media por cine de toda España (Pedro Pérez)
Semanas en Cinesa (Santiago de Compostela)
Semanas en Cinemes Girona (Barcelona)
Semanas en Cines Renoir-Princesa (Madrid)
Teaser
Ano: | 2014 |
Director: | Ignacio Vilar |
Guionistas: | Ignacio Vilar, Carlos Asorey |
Intérpretes: | Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán Morris, Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal, Ledicia Sola, Melania Cruz, Pepo Suevos, Monti Castiñeiras |
Dir. Fotografía: | Diego Romero Suárez-Llanos |
Música: | Zeltia Montes |
Edición: | José M. García Moyano |
Dir. Arte: | Ángel Amaro |
Vestiario: | Mar Fraga |
Maquillaxe e perruquería: | Susana Veira |
Coach de actores: | Ermel Morales |
Produtoras: | Vía Láctea Filmes, Ed. Galaxia, TVE, TVG |
Idioma: | Galego | Subtítulos: castelán, inglés, francés | Versión dobrada: castelán |
Calificación ICAA: | Non recomendada para menores de 16 anos |
Drama | España | 111 min. | HD | 1:2,39 | Cor | Dolby 5.1 |
29º Premios Goya
Nominación – Mellor guión adaptado. Ignacio Vilar, Carlos Asorey
XX Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia)
Mellor director. Ignacio Vilar
Mellor actor (ex aequo). Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán Morris
Mellor fotografía. Diego Romero Suárez-Llanos
Mostre dal Cine. Udine (Italia)
XII Festival Cinegoak. Bilbao
XIX Festival de Cine Internacional de Ourense
Filme de inauguración
“Creo que o cinema é un grande instrumento para artellar un país. Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles.
Esta película foi sempre entendida coma un traballo colectivo, a miña teima foi implicar a todo o equipo técnico e artístico, que todos sentisen que era a súa película.
Unha das principais dificultades era non só atopar os actores, senón tamén a interrelación entre eles. Están sempre xuntos na pantalla e ten que percibirse unha conexión.
A rodaxe foi moi dura, sobre todo porque queriamos rodar no inverno, para conseguir a atmosfera e a luz que se palpa na novela.
Con respecto á obra de Blanco Amor, salvei todo o que axudaba a historia no cine, o que cinematograficamente funcionaba, respectando o texto ao máximo. Con todo, o cinema ten unha linguaxe diferente. Respectamos diálogos, arte da voz en off…, pero esta é unha visión persoal da Esmorga, porque a historia ten moito que ver comigo.”
“Soberbias interpretacións”
– The Hollywood Reporter
“Top 5 – mellores longametraxes españolas de 2015”
– Días de Cine, TVE