Loading...
Aura. “O entrelazar sempre enigmático do espazo e do tempo; unha aparición irrepetíbel dunha perda”. Walter Benjamin
Na España de 1964, ano no que a dictadura militar do Xeneral Franco celebra os 25 anos de paz, Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña de Galicia, ingresa nun internado católico na cidade. Alí coñece a Cosme e a Berto. A amizade entre os tres xorde nun ambiente brutal dominado polo adoutrinamento, a mentira e a vexación á dignidade, sempre no nome de Deus e ao servizo da ditadura fascista. Esta experiencia obriga a Siro a deixar atrás a súa adolescencia e mergullarse de cheo no violento, opresivo e autoritario mundo dos adultos.
Estado: | Desenvolvemento |
Director: | Ignacio Vilar |
Guionista: | Ignacio Vilar |
Intérpretes: | Karra Elejalde, Santi Prego, Antonio Durán “Morris”, Itziar Ituño, Clara Lago, Melania Cruz, Sonsoles Tordoble |
Dir. Fotografía: | Diego Romero Suárez-Llanos |
Produción: | Vía Láctea Filmes |
Distribuidor / Ventas internacionais: | Castelao Pictures, S.L.U. |
Idioma: | Galego, castelán |
Co apoio de: | Europa Creativa-MEDIA, AGADIC-Xunta de Galicia |