Manuel colmeiro, un proxecto de vangarda
Pintores da Vangarda Histórica Galega.
Un documental de Ignacio Vilar
Eu nacín en Chapa, nunha aldea de Silleda, o 7 de agosto de 1901. De neno sempre andaba dun lado para outro, de Chapa para San Fiz e de San Fiz para Chapa. Eu empecei a debuxar na terra cando andaba co gando.
O carácter singular da pintura galega reside no clima, na paisaxe, na luz. Nas súas xentes que definen profundamente a personalidade do artista.