Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the polylang domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114
A produtora - Vía Láctea Filmes

Loading...

A produtora

Cinema en galego desde 1990

A produtora VÍA LÁCTEA FILMES, a través do seu inquebrantable compromiso coa cultura galega e a sétima arte, logrou labrarse durante as dúas últimas décadas unha notable reputación a nivel galego e estatal. Ao prestixio e recoñecemento manifestados por público e crítica, súmase o respecto por parte das entidades e institucións coas que colaborou reiteradamente.

Longametraxes coma Pradolongo (2008), Vilamor (2012), A esmorga (2014) e Sicixia (2016) calaron na sociedade e constitúen auténticos estandartes da cinematografía galega.

A decidida aposta de VÍA LÁCTEA FILMES polo cinema rodado en galego permítelle posicionarse como unha produtora atípica e valiosa no mundo globalizado actual, tal e como demostra a boa acollida das súas obras non só en salas de cinema senón tamén en festivais de cine internacionais.

A súa creatividade e capacidade de superación quedaron patentes non só na temática das súas obras senón tamén na súa ambiciosa labor de  distribución, a través de campañas de promoción inéditas, cun extraordinario impacto en medios de comunicación e billeteira.

O seu interese por sectores de público tradicionalmente esquecidos polos grandes circuítos de distribución permitiulle ademais facer sentir partícipes a milleiros de persoas dun auténtico fenómeno cultural.

Cabe sinalar ademais que a calidade das súas obras ven avalada por unha coidadosa escolla do equipo técnico e artístico, que combina unha aposta por novos talentos con profesionais cunha contrastada traxectoria profesional.