Loading...

I Ignacio Vilar pasou a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense). A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas na lareira espertarán a súa paixón polo cinema. Aos dezaoito anos trasládase a Barcelona, onde colabora na fundación dunha escola de cine.

Rodaxe de 'Vilamor'
Cos protagonistas de 'A esmorga'

No ano 1989 gaña o Premio Carlos Velo polo guión Ollo Birollo. Pouco despois regresa a Galicia e funda a produtora Vía Láctea Filmes, na que dirixe longametraxes e curtametraxes en 35 mm e cinema dixital, documentais e series documentais para televisión.

Rodaxe de 'Sicixia' na Rapa das Bestas de Sabucedo.

Na súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014), baseada no clásico de E. Blanco Amor, que marcou un antes e un despois na cinematografía galega, ao bater récords de asistencia ás salas e recibir unha excelente acollida pola crítica. Foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (Mellor Guión Adaptado) e a longametraxe máis premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia): Premio Mellor director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía.

Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas.

Coas protagonistas de 'María Solinha'.
Filmografía

2020. María Solinha
Longametraxe. Ficción | Drama

2016. Sicixia
Longametraxe. Ficción | Drama

2014. A esmorga
Longametraxe. Ficción | Drama

2012. Vilamor
Longametraxe. Ficción | Drama

2008. Pradolongo
Longametraxe. Ficción | Drama

2005. Sempre Xonxa en Petín
Curtametraxe. Documental

2004. Un bosque de música
Longametraxe. Documental

2003. Ilegal
Longametraxe. Ficción | Drama

2001. A vangarda histórica galega
Serie documental

2000. A Aldea: o antigo e o novo
Mediametraxe. Documental

1999. Polisóns
Mediametraxe. Documental

1998. O cambio
Curtametraxe. Ficción | Drama

1999. Disonancias
Curtametraxe. Ficción | Drama

1998. Edipo e Techné
Curtametraxe. Ficción | Drama

“A esmorga pertence ao patrimonio universal”
Universciné

“A grande pantalla pode ser a nova lareira”
242 películas después

“A esmorga seduce o xurado de Toulouse”
Sermos Galiza

“Sicixia é unha ficción somerxida na realidade”
Revista Magnolia

“Fago cine porque a nosa lingua, as nosas historias e as nosas paisaxes tamén merecen estar na grande pantalla.”