Loading...

Presentación no CULTURGAL do Tráiler e o cartaz do filme MARÍA SOLINHA

A produtora Vía Láctea Filmes presentou en primicia no Culturgal o tráiler e o cartaz do filme MARÍA SOLINHA.

Asistiron á presentación Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego e Mabel Rivera (protagonistas), Ignacio Vilar (director), Carmela Silva (Presidenta da Deputación de Pontevedra), Jacobo Sutil (Director da Agadic), Digna Rivas (alcaldesa de Redondela) e Daniel Boullosa (Concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela).

A sala estivo ateigada de espectadores que puideron sentir, ollando o tráiler, o significado da frase do cartaz:

“A María Solinha do S.XVII e a María Solinha do S. XXI foron atacadas polo Dragón”

Despois da presentación, os protagonistas e o director do filme MARÍA SOLINHA renderon unha homenaxe a don Ramón María del Valle Inclán.

Santi Prego, Mabel Rivera e Grial Montes con Valle Inclán en Pontevedra

Deixa un comentario

Non publicaremos o teu correo electrónico. Os campos marcados con * son obgrigatorios