MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) gaña o 66º TAORMINA FILM FEST (Sicilia-Italia)
O filme MARÍA SOLINHA competía con 11 longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusia, Italia, Bulgaria polo prezado galardón
A sétima longametraxe de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes) acada o máximo galardón na sección INDIEUROPEA do TAORMINA FILM FEST, cita ineludible do mellor cinema europeo e mundial que se celebra na fermosa vila siciliana de Taormina.
O TAORMINA FILM FEST celebra neste 2020 nada menos que a súa edición número 66º, nun ano marcado polas circunstancias excepcionais na organización do evento derivadas da situación sanitaria.
A pesar disto, o festival desenvolveuse dentro da nova normalidade. O xurado elixiu como gañadora na Sección INDIEUROPEA a fita de Ignacio Vilar, entre 11 longametraxes, “por presentar un tema tan actual como o da represión da liberdade da muller a través dun uso envolvente, innovador e refinado da metanarrativa”
MARÍA SOLINHA proxectouse a competición en Taormina na súa versión orixinal en galego con subtítulos en italiano. Trátase do primeiro grande premio internacional que acada o filme de Ignacio Vilar.
MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) conta co apoio e a colaboración de AGADIC-Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Cangas e Concello de Redondela.
Xulio Fernandez Hermida
Noraboa a todos os implicados neste éxito.
Todos somos beneficiados cando as cousas saen ben.
Gracias.