Loading...

MARÍA SOLINHA SELECCIONADA NO SCIFF 2020

O filme María Solinha, de Ignacio Vilar, despois de acadar o máximo galardón na sección INDIEUROPEA no 66º TAORMINA FILM FEST (Sicilia-Italia) onde competía con 11 longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusia, Italia, Bulgaria, segue a súa viaxe internacional.

MARÍA SOLINHA acaba de ser seleccionada na sección oficial do SCANDNAVIAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020.

Competirá polo galardón con outras sete longametraxes de Reino Unido, Turkia, Ucrania, Bulgaria, Rusia, República Checa e Finlandia.

O festival, considerado un evento de alto nivel en Helsinki, Finlandia, celebrarase do 22 o 26 de agosto de 2020.

Durante o verán, María Solinha continuará  coa súa xira por toda Galicia.

Ignacio Vilar, as actrices Grial Montes e Laura Miguez e o compositor Abrahan Cupeiro seguen levando o cine a pequenos e medianos concellos  de Galicia, Castela e León e Portugal.

No meses de xuño e xullo o filme proxectouse en decenas de concellos con gran acollida de público.

Maside, Trives, Malpica, Cuntis, Pantón, Soutomaior, Castrelo de Miño, Fisterra, Proba de Brollón, O Corgo, Carballiño, Moaña, O Irixo, Mondariz, Vilamartín de Valdeorras, Meira, O Barco de Valdeorras, Ponteareas, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Petín de Valdeorras, Viana do Bolo, Meis, Barreiros, Guitiriz, Arbo, Lubián (Zamora) … e seguimos….

 

 

 

Colaboran neste proxecto de cinenarua e autocineDeputación de Lugo, Vicepresidencia. Deputación de Lugo. Cultura Deputación de Lugo. Gadis, Eferro, Comosoa, Mrmisto, Sofia Rivas ….

 

MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) conta co apoio e a colaboración de AGADIC-Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Cangas e Concello de Redondela.

Facebook MARIASOLINHAFILME

Twitter MARIASOLINHA

Instagram MARIASOLINHAFILME

 

 

 

Deixa un comentario

Non publicaremos o teu correo electrónico. Os campos marcados con * son obgrigatorios