Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the polylang domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114
MARÍA SOLINHA, ESTREA VERÁN 2020 - Vía Láctea Filmes

Loading...

MARÍA SOLINHA, ESTREA VERÁN 2020

 

O filme de Ignacio Vilar chegará aos espectadores de numerosos concellos medianos e pequenos de toda Galicia, Castela e León e Portugal
Dan man de Mr. Misto, empresa de exhibición cinematógrafica galega, 
MARÍA SOLINHA será proxectada ao aire libre en formato Cinema de verán e Autocine durante todo o verán 2020
Filme de Ignacio  Vilar

Principais actrices e actores de María Solinha

A sétima longametraxe de Ignacio Vilar, MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) será estreada en numerosos concellos de toda Galicia, Castela e León e Portugal entre os meses de xuño e setembro de 2020.

Neste verán atípico, o filme protagonizado por Grial Montes e Laura Míguez iniciará o seu percorrido de chegada aos espectadores con eventos de premier en Redondela e Cangas, localidades centrais da rodaxe, e coma estrea en Autocine en Verín:

– Venres 19 de xuño: REDONDELA

– Sábado 20 de xuño: CANGAS

– Domingo 21 de xuño: VERÍN (Autocine)

 

A partir destas datas, o filme comezará unha extensa e intensa andaina por toda Galicia, Castela e León e Portugal, neste caso (e de maneira inédita no cine) sendo presentada antes nas vilas medianas e pequenas que nas cidades, onde chegará ás salas unha vez normalizada a situación sanitaria.

Na rolda de prensa celebrada hoxe en CANGAS, berce de María Solinha e concello clave na produción do filme, anunciouse a proxección en ata 100 localidadespolo momento, xa que o calendario irá completándose nestas semanas).

 

MARÍA SOLINHA proxectarase en todos os casos ao aire libre ou en autocine, coas mellores condicións técnicas do mercado a cargo da experimentada empresa MR. MISTO, e con todas as medidas de seguridade esixidas pola actual realidade co COVID-19. (Aforo limitado, separación entre cadeiras, hixienización completa, mascariña obrigatoria, etc.).

 

Participaron na rolda de prensa:

 

Xoán Mariño, xerente de Mr. Misto, empresa de exhibición de cine.

Iria Rodríguez, de Gadis, colaborador neste proxecto de distribución.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, localidade de rodaxe e concello que apoiou a produción.

Jacobo Sutil, director da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais)-Xunta de Galicia, con cuxa subvención contou a produción de MARÍA SOLINHA.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, entidade con cuxo apoio contou a produción do filme.

Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas, localidade de rodaxe e concello que apoiou a produción.

Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Antonio Durán “Morris” e Mabel Rivera, principais actrices e actores do filme.

Ignacio Vilar, director.

 

 

MARÍA SOLINHA (Vía Láctea Filmes e TVG) contou coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)-Xunta de Galicia, e o apoio da Deputación de PontevedraConcello de Cangas e Concello de Redondela

 

Comentarios

  • 14 Xuño, 2020
    Roberto

    Hola, tiven a sorte de participar na película coma figurante.
    Gustaríame asistír o sábado en Cangas. Cómo o podería facer.
    Moitisimas grazas e que sexa todo un éxito ??

    reply

Deixa un comentario

Non publicaremos o teu correo electrónico. Os campos marcados con * son obgrigatorios