
MARÍA SOLINHA, CRÍTICA MANUEL FORCADELA
Despois de ver María Solinha, Manuel Forcadela, natural de Forcadela, Tomiño, escritor, poeta e colaborador habitual en revistas e xornais, nos achega a súa opinión sobre o filme.
Crítica.
“O plano secuencia continuado produce un efecto hipnótico. A pantalla convertese na conciencia do espectador que deambula como un espírito entre as personaxes. Estamos nunha distopía na que se reúnen o contemporáneo e o S. XVII para mesturar realidade e ficción, teatro e documento nunha constructo sólida e sorprendente.
A realidade, que é representación teatral, é, ao mesmo tempo, repetición dun pasado mítico. Alternamos entre planos diferentes nunha fusión de soños que integran o real. E os distintos niveis de ficción adquiren un sentido común.
Porque o mito non existe senón que insiste e porque o acontecemento non é un nome senón que é un verbo. Un verbo de devir, de pasar, de ter lugar. Dese xeito Ignacio Vilar consegue un filme diferente. Estando no noso tempo estamos na eternidade.
Un filme destinado a ser obxecto de culto nos anos vindeiros.”
Manuel Forcadela