Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the polylang domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114
CURSO AISGE DE IGNACIO VILAR E ERMEL MORALES - Vía Láctea Filmes

Loading...

CURSO AISGE DE IGNACIO VILAR E ERMEL MORALES

 

A esmorga (2014). Ermel Morales e Ignacio Vilar con Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán “Morris

Actuar diante da cámara, con Ignacio Vilar e Ermel Morales en Santiago de Compostela.

O curso ofrécese na delegación de AISGE entre os días luns 2 ata venres 6 de maio, con 30 horas lectivas en horario de mañá e tarde.

 

Introdución

O traballo de Ignacio Vilar e Ermel Morales vai na procura de que as e os participantes adquiran ferramentas no contexto da dirección e interpretación para películas e series. Para este obxectivo, collen de exemplo determinados estilos artísticos e técnicos que debuxan o seu Mapa de Dirección Actoral, unha guía para facer consciente a aprendizaxe.

 

Metodoloxía

O método de traballo do Mapa de Dirección Actoral localiza los factores chave que inflúen na dirección e na interpretación.  Por un lado está a CONSTRUCIÓN e por outro a MECÁNICA.

 

A construción fai referencia a relación entre a persoa e o personaxe. Tanto no “camiño” para chegar como na “forma” de facelo. Todo este apartado pódese resumir nun gradual, é dicir, nunha escala que contempla a mínima e a máxima construción.

 

A mecánica indica o vínculo entre dirección e interpretación. Tanto na “marca” ou directriz a seguir, como na “expresividade”, entendida como contención ou liberación. Tamén neste apartado hai unha gradación que pode explicar a mecánica mínima e máxima.

 

Para acadar as competencias deste traballo é necesario participar nos exercicios de TEXTO, que implican a lectura do guión como palabra e acción actuada e nos exercicios de IMAXE e SON, que representan a viaxe do proceso ao resultado de corpo e voz diante da cámara. A través do análise, ensaio e rodaxe de secuencias, cada participante afondara nas súas propias posibilidades LÉXICAS (o dominio da palabra) e TÍMICAS (o control da emoción).

 

Ignacio Vilar rodando o filme: A esmorga (2014) Foto: Xurxo Lobato

CURRÍCULO e TRAXECTORIA IGNACIO VILAR Director e guionista

2020 MARÍA SOLINHA

Longametraxe.

 

2016 SICIXIA.

Paseo polo amor e a Costa da Morte

Longametraxe.

 

2014 A ESMORGA

Longametraxe

 

2012 VILAMOR

Longametraxe

 

2008 PRADOLONGO

Longametraxe

 

2004 UN BOSQUE DE MÚSICA

Longametraxe

 

2003 ILEGAL

Longametraxe

 

2000 A ALDEA, O ANTIGO E O NOVO

Documental

 

2001-2002 A VANGARDA HISTÓRICA GALEGA

Serie documental

 

 

CURRÍCULO DE ERMEL MORALES

O doutor Ermel Morales Ramón é un investigador do mundo do cine recoñecido por ter un método propio de dirección de actores baseado na súa tese Alexitimia é Expresión: técnicas de actuación da palabra é a emoción.

Está cos directores de principio a fin, especialmente nas películas de Ignacio Vilar (Vilamor 2012; A esmorga 2014; Sicixia (2016); María Solinha 2020), con quen comparte todo o proceso creativo: guión, dirección de casting, ensaios, rodaxe e outras tarefas como a dobraxe, a voz en off ou a selección de tomas rodadas de cara a montaxe.

É un coach coñecido no sector audiovisual pola súa preparación ao casting para multitude de series, polo asesoramento persoal  de intérpretes como no filme A esmorga de Ignacio Vilar con Karra Elejalde, Miguel de Lira, e Antonio Durán “Morris”. Tamén con  Javier Gutiérrez, Santi Prego, ou Celso Bugallo e  pola súa implicación na formación de novos talentos,  como o recente gañador do Goya ao mellor actor revelación Chechu Salgado que participou no filme María Solinha (2020) de Ignacio Vilar.

A súa aportación artística vese reflectida non só xunto a directores ou produtores de cine ou series como Agustí Vila ou Javier Pérez Santana, senón tamén en longametraxes, curtas e documentais no contexto da diversidade funcional para fundacións como Igualarte. Cabe salientar tamén o seu percorrido como asesor noutros campos da comunicación: interpretación musical e ópera, discurso periodístico e político, teatro e unha dilatada experiencia como docente da Titulación Superior en Arte Dramática.

 

Cando?

Do 2  o 6 de maio. De luns a venres , de 10: a 14:00 y de 16:00 a 18:00. Total: 30 horas.

Onde?

Monte Dos Postes, 14. Santiago de Compostela.

Para quen?

Como sucede con tódalas actividades incluídas no convenio de colaboración entre Netflix e a Fundación AISGE, esta axuda tamén está aberta a todos os profesionais do sector  audiovisual en España (actores de imaxe e de voz, bailaríns, realizadores, guionistas, compositores de bandas sonoras e profesionais técnicos).

No caso de ser seleccionado/a para o curso, a non asistencia a algunha das clases terá que xustificarse para poder obter así o diploma ao final do curso.

Como inscribirse?

Remite a túa solicitude antes do 25 de abril con un pequeno escrito onde expoñas o teu interese polo curso e CV.

Envialo todo a cursos.santiago@fundacionaisge.es

 

 

 

Deixa un comentario

Non publicaremos o teu correo electrónico. Os campos marcados con * son obgrigatorios