Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the polylang domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/vialacteafilmes/www/wp-includes/functions.php on line 6114
AUTOCINES MARÍA SOLINHA 2021 - Vía Láctea Filmes

Loading...

AUTOCINES MARÍA SOLINHA 2021

MARÍA SOLINHA & AUTOCINE.GAL – CALENDARIO 2021

Comezamos este mes de marzo anunciando un roteiro que vimos preparando nas últimas semanas, roteiro co que MARÍA SOLINHA arrinca este 2021 con estreas en cidades, vilas e aldeas de toda Galicia, e que ven a continuar o percorrido con tan grande éxito o pasado ano.

Nestes momentos, cando a situación sanitaria dista de estar normalizada, segue sendo primordial para nós levar o noso filme a todos as espectadoras e espectadores con todas as medidas de seguridade precisas, de aí que de momento os plans sexan estrear MARÍA SOLINHA en formato autocine, da man de AUTOCINE.GAL, para máis adiante e cando o o tempo o permita comezar tamén con estreas en formato de CINE NA RÚA ao aire libre.

Mais de 100 estreas e centos de espectadores durante o 2020 avalan este inicio, e nos dan azos para organizar con ilusión a que será a andaina da nosa longametraxe neste ano.

Xa no mes de marzo, estes serán os concellos nos que poden ollar MARÍA SOLINHA en AUTOCINE, formato espectacular e totalmente seguro nestes tempos:

A CORUÑA Sábado 20 de marzo
RIBEIRA Domingo 21 de marzo
SANTIAGO DE COMPOSTELA Sábado 27 de marzo
Estade moi atentos ás nosas redes sociais que iremos informando puntualmente de todos os datos de cada estrea!!            
                                                                                                       Apoian este roteiro a Deputación da Coruña e Gadis

Deixa un comentario

Non publicaremos o teu correo electrónico. Os campos marcados con * son obgrigatorios