Vilamor

Unha película de Ignacio Vilar

Equipo técnico

Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar

Ignacio Vilar

Ignacio Vilar é de Petín de Valdeorras (Ourense). Iníciase no cinema en Barcelona colaborando en diferentes producións. En 1989 recibe o premio Carlos Velo polo seu guión Ollo birollo.


En 1991 funda con Marina Fariñas a produtora Vía Láctea Filmes coa que comeza unha prolífera produción de documentais, series documentais, curtametraxes e longametraxes.

Como director ten mostrado o seu compromiso coa cultura galega en traballos como A Vangarda Histórica Galega (2001) e A aldea, o antigo e o novo (2002). Nos seu documental Polisóns (1999), Ignacio Vilar captura dunha maneira dramática a travesía dos polisóns africanos que chegan a Galicia, e que lle deu pe a afrontar a súa primeira experiencia como director  de longametraxes de ficción  en Ilegal (2003). Despois roda en 35mm a longametraxe documental Un bosque de música (2004), sobre o grupo de música folk Luar na Lubre, estreada no Lincoln Center en Nova York.  Tamén En 2007 recolleu numerosos premios e un gran éxito en Galicia coa súa longametraxe Pradolongo.