Loading...

I Ignacio Vilar pasou a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense). A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas no fogar espertarán a súa paixón polo cinema. Aos dezaoito anos trasládase a Barcelona, onde funda unha escola de cine.

Gravando 'Vilamor'
Cos protagnoistas de 'A esmorga'

No ano 1989 gaña o Premio Carlos Velo polo guión Ollo Birollo. Pouco despois regresa a Galicia e funda a produtora Vía Láctea Filmes, na que dirixe longametraxes e curtametraxes en 35 mm e cinema dixital, documentais e series documentais para televisión.

Ignacio Vilar rodando na Rapa das Bestas

Na súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014), baseada no clásico de E. Blanco Amor, que marcou un antes e un despois na cinematografía galega, ao bater récords de asistencia ás salas e recibir unha excelente acollida pola crítica. Foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (Mellor Guión Adaptado) e a longametraxe máis premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia): Premio Mellor director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía.

Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas.

“A Esmorga é parte do patrimonio universal”
Universciné

Video-entrevista sobre ‘A Esmorga’
YouTube

“Ignacio Vilar escribe sobre o vento”
Universciné

“Sicixia é unha ficción sumerxida na realidade”
Revista Mongolia

“Fago cine porque a nosa lingua, as nosas historias e as nosas paisaxes tamén merecen estar na grande pantalla.”