Loading...

Sicixia

Do grego syzygía. Literalmente par, normalmente de opostos.
Astronomía: Aliñamento de tres astros ou máis corpos celestes (eclipse, lúa nova ou lúa chea).
.

Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

Preestrea: Cinéma Majestic-Passy, París

Top 5 na carteleira galega

35

Proxeccións en salas de cine para estudantes

Ano: 2016
Director: Ignacio Vilar
Guionista: Ignacio Vilar
Intérpretes: Monti Castiñeiras, Marta Lado, Melania Cruz, Arantxa Villar, Artur Trillo, Dani Trillo, Tamara Canosa
Dir. Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Produtoras: Vía Láctea Filmes, TVG
Idioma: Galego | Subtítulos: español, inglés, francés, catalán, éuscaro.
Calificación ICAA: Non recomendada para menores de 12 anos. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Drama | España | 98 min. | HD | 1:2,39 | Cor | Dolby 5.1
Festivais e Premios

50th WorldFest-Houston (EEUU)
Platinum Remi Award. Mellor filme estranxeiro

XXI Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia) 
Mellor actriz. Marta Lado

54º Festival Internacional de Cine de Xixón
Sección oficial

35 Festival Cinéma Alès-Itinérances (Francia)

Notas do director

As cámaras de Sicixia mergulláronse nas augas dun bosque animado de algas, das que unha Leda vestida de neopreno emerxe para namorar ao cisne con forma de Zeus derrotado, perdido fronte a descomposición dun mundo decrépito no que xa non cre. Pois a película é a historia dun amor sen cancelas, arrastrado pola paixón, pero fatalmente cargado cun fado maldito e fillo da incomprensión do mundo civilizado. Nos labirintos, nos abismos dos acantilados están as preguntas todas. O protagonista busca as respostas, rexistra para os arquivos sonoros os laios primeiros da cultura galega, desde a fala diversa e ricaz ata os relinchos dunha rapa das bestas, onde os aloitadores curtan as crines do cabalo libre, todo un símbolo do mundo salvaxe en loita persistente coa civilización castradora. “Hai cousas que non se pensan coa cabeza”, dille a Afrodita da fin do mundo ao aventureiro errante.

Descargas

“Unha espectacular viaxe ultrasensorial”
Cinemania

“Namorarse dunha serea”
La Voz de Galicia

“Unha proposta orixinal, cinema grande”
Nosolocine

“Sicixia á vista das cantigas de amigo”
Sermos Galiza