Loading...

María Solinha

Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

 

Somos as netas das bruxas que non puidestes queimar.
A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo Dragón.

a lenda dO Dragón:

“Houbo un tempo no que a vila de Redondela estivo atacada por un temible Dragón, que roubaba ás nosas mozas para levalas ás profundidades da ría, debaixo da ponte da Illa de San Simón, onde as violaba vilmente.
Mais un día, os mariñeiros de Redondela rebeláronse contra o Dragón e conseguiron aplacalo, castralo e matalo para que non puidera seguir facendo o mal.

 

A desgraza é que ese Dragón na antigüidade tiña forma de animal; no século XVII de Inquisidor; e agora, no século XXI, volveu cambiar de forma e ataca ás mulleres en “manada”.

Ano: 2020
Director: Ignacio Vilar
Guión: Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales, Ignacio Vilar
Intérpretes: Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Mela Casal, Alfonso Agra, Fran Lareu, Fernando González, Melania Cruz, Sheyla Fariña.
Produtora Executiva: Marina Fariñas
Directora de Produción: Eva Rivas
Directora de Fotografía: Lucía C. Pan
Operador de Cámara: Nacho Ramos
Montaxe: Fernando Alfonsín
Director de Arte: Diego Valeiras
Son: Bernat Fortiana e David Machado
Vestiario: Mar Fraga
Maquillaxe e Perruquería: Susana Veira
Director de Casting: Ermel Morales
Axudante de Dirección: Sandra Montes
Xefe de Produción: Fabián Figueroa
Produtoras: Vía Láctea Filmes, TVG
Idioma: Galego | Subtítulos: Portugués, català, euskara, english, castellano, deutsch, français.
Drama | Galicia | 123 min. | HD | 1:2,29 | Cor | Son Dixital
Notas do director

Crónica da imparábel enerxía feminina, fronte a tantos dragois que saen das covas, unha e outra vez, para devorar a carne do mundo. O filme fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente. Unha película de conclusións dramáticas pero aberta ao luminoso e a beleza primixenia.
Unha historia para vivir unha experiencia.

– Ignacio Vilar

Novidades sobre María Solinha