Loading...

A Esmorga

Baseada na obra de Eduardo Blanco Amor.

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando as portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

Segunda en recadación media por cine de toda España (Pedro Pérez)

15

Semanas en Cinesa (Santiago de Compostela)

9

Semanas en Cinemes Girona (Barcelona)

6

Semanas en Cines Renoir-Princesa (Madrid)

Teaser

Ano: 2014
Director: Ignacio Vilar
Guionistas: Ignacio Vilar, Carlos Asorey
Intérpretes: Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán Morris, Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal, Ledicia Sola, Melania Cruz, Pepo Suevos, Monti Castiñeiras
Dir. Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Música: Zeltia Montes
Edición: José M. García Moyano
Dir. Arte: Ángel Amaro
Vestiario: Mar Fraga
Maquillaxe e perruquería: Susana Veira
Coach de actores: Ermel Morales
Produtoras: Vía Láctea Filmes, Ed. Galaxia, TVE, TVG
Idioma: Galego | Subtítulos: castelán, inglés, francés | Versión dobrada: castelán
Calificación ICAA: Non recomendada para menores de 16 anos
Drama | España | 111 min. | HD | 1:2,39 | Cor | Dolby 5.1
Festivais e premios

29º Premios Goya 
Nominación – Mellor guión adaptado. Ignacio Vilar, Carlos Asorey

XX Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia)
Mellor director. Ignacio Vilar
Mellor actor (ex aequo). Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán Morris
Mellor fotografía. Diego Romero Suárez-Llanos

Mostre dal Cine. Udine (Italia)

XII Festival Cinegoak. Bilbao

XIX Festival de Cine Internacional de Ourense
Filme de inauguración

Notas do director

“Creo que o cinema é un grande instrumento para artellar un país. Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles.

Esta película foi sempre entendida coma un traballo colectivo, a miña teima foi implicar a todo o equipo técnico e artístico, que todos sentisen que era a súa película.

Unha das principais dificultades era non só atopar os actores, senón tamén a interrelación entre eles. Están sempre xuntos na pantalla e ten que percibirse unha conexión.

A rodaxe foi moi dura, sobre todo porque queriamos rodar no inverno, para conseguir a atmosfera e a luz que se palpa na novela.

Con respecto á obra de Blanco Amor, salvei todo o que axudaba a historia no cine, o que cinematograficamente funcionaba, respectando o texto ao máximo. Con todo, o cinema ten unha linguaxe diferente. Respectamos diálogos, arte da voz en off…, pero esta é unha visión persoal da Esmorga, porque a historia ten moito que ver comigo.”

Descargas

“Soberbias interpretacións”
The Hollywood Reporter

“Top 5 – mellores longametraxes españolas de 2015”
Días de Cine, TVE

“O Ulises galego”
Carlos Reviriego, El Mundo

“Pura pulsión”
Versión española, TVE